XOGAMOS COA TÁBOA DO 9

Rematamos as táboas! Por último, vamos coa táboa do 9!

1. Pincha nos recadriños rosas para xogar con diferentes xogos e practicar a táboa do 9.


2. Como co resto das táboas, primeiro practicaas e logo tenta conseguir o teu DIPLOMA!


3. Escolle a táboa do 9 e busca o submarino que leva a resposta correcta!


4. Resolve o puzzle da táboa do 9 acertando as multiplicacións!


5. Tenta gañar esta carreira de animais acuáticos acertando as multiplicacións. Primeiro escolle que personaxe queres ser, logo a táboa do 9 e a nadar!


APRENDE XOGANDO!


SUPERAMOS A PROBA E VENCEMOS O FEITIZO

A terceira proba do Señor do Tempo foi superada con éxito! Unha nova carta deunos esta gran nova e un novo selo no noso Pasaporte cavernícola certifíca que así é.

Non tardamos en recibir unha nova proba! Ía ser a derradeira! 

Agora xa pasamos a coñecer as construccións megalíticas da Prehistoria: os castros e os dolmenes. Tivemos que contruír un castro e cada un de nos o seu dolmen! 😱

Comezamos documentándonos un poco sobre o tema con este conto de Os Bolechas:



E para saber máis sobre o dolmen recordamos a visita que fixemos a Dombate.

Para construir o castro empregamos plantillas en cartolina que tivemos que pintar, recortar e pegar.



Tamén construimos os dolmens cun collage de diferentes materiais: cartolina, goma eva e témperas de cores. Así de vistosos nos quedaron!




Despois dunhas sesións como arquitectos do pasado chegou ao noso buzón a que sería a última carta do Señor do Tempo! Que poñía esa carta?



SUPERAMOS A PROBA E... VENCEMOS O FEITIZO DO SEÑOR DO TEMPO! 
SIII! DEVEOLVIMO O COLE Á ÉPOCA ACTUAL!

O Señor do Tempo mandounos xunto coa carta unha recompensa, un lápis cun dentes de sable para cada un!



NORABOA rapaces e rapazas, fixestes un traballo en equipo espectacular para vencer o feitizo! 💪