OUTRA PROBA DO SEÑOR DO TEMPO!

O señor do tempo segue poñéndonos a proba para ver se somos quen de romper o seu feitizo!

Recibimos no buzón de clase unha carta que nos indicaba que debíamos investigar sobre a labor dos arqueólogos para poder seguir adiante coa proba.



E así foi, grazas ao libro, que tamén estaba no buzón, "Quiero ser... Arqueóloga" de Liesbet Slegers puxémonos a aprender sobre o que son, que fan, que empregan e donde traballan os arqueólogos. A profe Paula liunos o conto na biblioteca do cole e foinos resolvendo dúbidas que nos xurdían.


Unha vez investigado sobre os arqueólogos chegounos unha nova carta... Esta vez cunha nova proba!
SE O FEITIZO QUEREDES ROMPER
PINTURAS RUPESTRES DEBEDES FACER

O SEÑOR DO TEMPO



Xunto coa nova proba viñan unhas explicacións sobre que son as pinturas rupestres. Leemolas entre todos para coñecer máis sobre elas.


Quedounos clarísimo que as pinturas rupestres son os debuxos máis antigos do mundo, que os facían os prehistóricos cos dedos ou pinceis elaborados con pelos de animais empregando so cores amarelas, ocres, vermellas ou negras e que as elaboraban para mellorar a súa caza.

Tal e como nos indicou o Señor do Tempo, fixemos as nosas propias pinturas rupestres dentro da cova que temos no corredor!




Pero esta proba non rematou aquí! Días despois de elaborar as pinturas rupestres recibimos unha nova carta cuns mapas do cole. A carta explicábanos que no cole había unhas rochas moi antigas que debíamos atopar. Dividímonos en grupos e cada un levaba un mapa cunha "X" marcada á que nos tíñamos que dirixir. 
Como bos arqueólogos interpretamos o mapa e saímos correndo a buscar esas antigas rochas.


Todas as rochas estaban donde se idicaba! Algunhas foron dificíles de atopar pero finalmente demos coas cinco! Todas tiñan unha pintura rupestre!






Esperamos ansiosos a que o Señor do Tempo nos diga se superamos a proba ou non! 😄

No hay comentarios:

Publicar un comentario