LECTURA COLECTIVA A EDUCACIÓN INFANTIL

Somos contacontos!

A semana pasada visitamos as aulas de Educación Infantil para contarlles uns contos aos nosos compañeiros e compañeiras, "Dinosaurio Belisario".

Escolleuse este conto porque en Educación Infantil están traballando cun proxecto sobre os dinosauros.

Levábamos tempo preparando o conto e tíñamos moita ilusión por facer de contacontos para os máis pequenos do cole.

Así foi a lectura:


A lectura rematou cun gran aplauso e agasalláronnos cun diploma aos "Mellores Contacontos". Moitísimas gracias! 😊

Pola nosa parte, regalámoslle aos nenos e nenas de Educación Infantil o dinosauro Belisario que se pode ver de fondo durante a nosa lectura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario