ESCRIBIMOS COMA EXIPCIOS

A escritura ten moita historia. Tanta que chegamos ata os exipcios para ver como escribían.

Aprendimos que en lugar de empregar o papel como facemos nos agora usaban papiro!
Grazas á profe Rocío dimos cun vídeo do famoso programa Art Attack e aprendimos a fabricar o noso propio papiro. 


Cun pouco de gasa, cartolina e unha mezcla de cola branca, auga e unha pizca de café puxémonos mans á obra!



Deixámolo secar toda a noite como nos indica no vídeo e ao día seguinte pintamos como os exipcios! 









Un saudiño monstruoso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario