A SEGUNDA PROBA

Como ben sabedes, o Señor do Tempo enviounos unha segunda proba para conseguir romper o feitizo que levou ao colexio á Prehistoria: debíamonos converter en Homo Habilis!

Pois o xeito de nos transformar en estes antepasados nosos foi difrazarnos deles no entroido do colexio!

E aquí estamos!



Os Homo Habilis aínda non creaban a súa propia roupa polo que tivemos que dar un paso no tempo e coller ideas dos Neanderthales para podernos facer unha vestimenta.
Tamén aprendimos que os Homo Habilis xa comezaban a cazar con materiais como a pedra e a madeira.

Á volta do entroido tíñamos no buzón unha carta do Señor do Tempo... 




Que decía o seguinte...



Sii! Deunos a proba como superada! Xa levamos dúas probas resoltas! 

Logo de ler a carta as profes puxéronnos o segundo selo nos Pasaportes Cavernícolas!



Cada vez estamos máis preto de romper o feitizo do Señor do Tempo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario