ESCRIBIMOS COMA EXIPCIOS

A escritura ten moita historia. Tanta que chegamos ata os exipcios para ver como escribían.

Aprendimos que en lugar de empregar o papel como facemos nos agora usaban papiro!
Grazas á profe Rocío dimos cun vídeo do famoso programa Art Attack e aprendimos a fabricar o noso propio papiro. 


Cun pouco de gasa, cartolina e unha mezcla de cola branca, auga e unha pizca de café puxémonos mans á obra!



Deixámolo secar toda a noite como nos indica no vídeo e ao día seguinte pintamos como os exipcios! 









Un saudiño monstruoso!

XOGAMOS COA TÁBOA DO 3

Comezamos coas táboas e esto é un non parar!
Vamos practicar a táboa do 3 con estes xogos!

1. Fíxate ben se as contas que nos ensinan son correctas ou incorrectas! Fai click na imaxe para comezar a xogar.



2. Agora arrastra a chave ata a solución correcta de cada multiplicación. Pincha na imaxe para comezar a xogar!



3. Transforma estes monstruiños buscando o resultado ás multiplicacións. Fai click na imaxe para comezar a xogar!



4. Gaña o teu diploma da táboa do 3 con estas actividades online! Pincha na imaxe para comezar a intentalo!



ANIMATE A XOGAR E APRENDER!

CANTAMOS A TÁBOA DO 2

Que mellor maneira de aprender as táboas que cantando?

Despois dunha proposta da profe decidímos prepar a actuación. Deseñamos os carteis:




E gravámonos cantando a letra primeiro e logo colocados para o vídeo.

A profe xuntou todo e... Velaquí está o resultado!!


VAMOS COA TÁBOA DO 5

Xa estamos metidos de cheo coa multiplicación.
É o momento de aprender a táboa do 5. Para facelo máis entretido aquí temos uns xogos que nos axudarán a coñecela a moito mellor.

1. Co seguinte xogo poderás repasar a táboa do 5 en orden, salteada e tamén conseguir un diploma que certifique que eres un gran experto ou experta na táboa do 5!

https://www.tablasdemultiplicar.com/tabla-del-5.html

2. Aquí temos un rosco moi animado que nos pregunta a táboa do 5. Pincha na imaxe e a XOGAR!





3. Tenta ser un superheroe da táboa do 5 buscando os resultados correctos!



4. Con este xogo podemos practicar a táboa do 5. Dalle a PLAY e... a xogar!




A XOGAR E APRENDER!!

COMEZAMOS COA TÁBOA DO 2

Chegou a hora de aprender a multiplicar! Comezamos coa táboa do 2.

1. Podemos practicar con este xogo online da táboa do 2. Fai click sobre da imaxe para COMEZAR A XOGAR!

http://www.mundoprimaria.com/juegos-matematicas/juego-de-la-tabla-del-2-1/



2. Temos este outro xogo que nos conta o tempo que tardamos en responder ademáis dos acertos. Selecciona a táboa do dous e tenta gañar!





3. E aquí temos varios exercicios para facer dende o ordenador e practicar a táboa do 2. Nun deles danche un diploma para recoñecerche que eres un experto na táboa do 2!



4. Con este xogo podemos repasar a táboa do 2. Dalle a PLAY e... adiante!




ANÍMATE A XOGAR E PRACTICAR!


A SEGUNDA PROBA

Como ben sabedes, o Señor do Tempo enviounos unha segunda proba para conseguir romper o feitizo que levou ao colexio á Prehistoria: debíamonos converter en Homo Habilis!

Pois o xeito de nos transformar en estes antepasados nosos foi difrazarnos deles no entroido do colexio!

E aquí estamos!



Os Homo Habilis aínda non creaban a súa propia roupa polo que tivemos que dar un paso no tempo e coller ideas dos Neanderthales para podernos facer unha vestimenta.
Tamén aprendimos que os Homo Habilis xa comezaban a cazar con materiais como a pedra e a madeira.

Á volta do entroido tíñamos no buzón unha carta do Señor do Tempo... 




Que decía o seguinte...



Sii! Deunos a proba como superada! Xa levamos dúas probas resoltas! 

Logo de ler a carta as profes puxéronnos o segundo selo nos Pasaportes Cavernícolas!



Cada vez estamos máis preto de romper o feitizo do Señor do Tempo!


SOMOS UNS ARTISTAS

Todos os bos artistas precisan coñecer como funcionan as cores ao se mezclar entre sí. Nos comezamos un museo monstruoso con algunhas artistadas que imos facendo pero para mellorar a nosa técnica necesitamos seguir aprendendo detalles sobre a arte da pintura.

Por este motivo comezamos a traballar co círculo cromático e experimentamos un pouquiño coas cores! 

Agora sabemos que se mezclamos:


  • AMARELO e VERMELLO sae LARANXA
  • AMARELO e AZUL sae VERDE
  • VERMELLO e AZUL sae MORADO


MONSTRO - CUMPLE DE BRUNO G.

Esta semana estivo o compi Bruno Gómez de aniversario!

FELICIDADES BRUNO!



Gracias pola merenda tan rica que compartiches con nos no teu día!