RETO DE HIPATIA

O noso buzón está que arde! Últimamente recibimos moito correo!

Hoxe tivemos unha gran sorpresa, non contábamos con nada e ao abrilo... Unha carta de Hipatia!

Sabedes quen é? Unha matemática e científica de Exipto!



Propúxonos un reto matemático! En grupos debíamos superar unha gymcana de sumas e restas levando e sen levar. Os membros do equipo que antes resolvese as operacións recibirían unha medalla ao MONSTRUO CALCULISTA.

No baño, na biblioteca, no corredor e na aula tíñamos unha operación que debíamos copiar, resolver e comparar o resultado cos compañeiros. Unha vez estivésemos todos dacordo co que nos deu tíñamos que ir buscar o noso selo a xunto a profe Lucía ou Érica. E así faríamos ata conseguir os 4 selos da cartilla (esta é unha das empregadas).


Organizámonos nos 4 grupos que Hipatia nos indicou na súa carta: azul, amarelo, vermello e verde; e comezamos o xogo! 



Noraboa Yeray, Yara e Lucía! Son os MONSTRUOS CALCULISTAS!



A Clase City e unha clase de monstruiños campeóns. ESTE RETO SUPERÁCHEDELO TODOS E TODAS con creces! Noraboa a todos e a todas polo traballo realizado e o grandes compañeiros que sodes! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario