ENTROIDO PREHISTÓRICO

Hoxe o CPI as Revoltas viviu un repaso histórico cheo de momentos memorables!

Aquí temos a actuación dos trogloditas de primeiro e segundo de primaria. Nuns días poñeremos aquí as fotiños para recordar o día!




E aquí están as fotos! 






Entroido: tempo de festa e antroidadas! 🎊🎉

CON MOITO CARIÑO DESPEDÍMONOS DA PROFE LUCÍA

Mañá váisenos a profe Lucía! :( 


Con moito cariño e amor despedímonos dela todos os monstruiños de City.

Este vídeo recórdanos algúns dos momentos que pasamos xuntos. 

Profe Lucía non esquezas á Clase City, nos terémoste sempre moi presente!





E este doce regaliño para ti, para que nos recordes sempre con bo sabor de boca :)


CUMPLE - MONSTRUO DE SERGIO!

Este mes tivemos ao monstruiño Sergio de cumple!



FELICIDADES SERGIO!



Cantámoslle o feliz aniversario e compartimos todos xuntos unha merendola moi típica destas datas... Unhas ricas filloass! Mmmmm!!
Gracias Sergio! 






APRENDEMOS CON ANATOMY 4D

Hoxe na aula xogamos e fixamos aprendizaxes con ANATOMY 4D (clik para descargala en Android), unha app que nós usamos para fixar aprendizaxes sobre os ósos e os músculos aínda que tamén fedellamos no resto de sistemas cos que nos permite traballar.




Facendo click na imaxe poderedes descargar a plantilla que empregamos na aula e algunha outra.



DÍA DE ROSALÍA EN CITY

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro.

Na Clase City creamos este libro ilustrado con versos de "Cantares gallegos" para o día!

Mirade!


ESFINGES, CODIGOS QR E KAHOOT

Seguimos adiante co proxecto de Exipto!

Estamos aprendendo sobre a esfinge de Guiza. O venres fixemos unha lectura e comezamos a adentrarnos nos misterios deste gran monumento.

Hoxe cando chegamos a clase tíñamos unha actividade preparada. Dividímonos en dous grupos. Cada un tiña unha tablet. Asignámonos dous roles moi claros: escritores e encargados da tablet (coidar que se empregue ben), o resto dos compañeiros axudarían a levar a cabo a tarefa aportando información.

Ademáis das tablets tíñamos un código QR para cada grupo. Na tablet contábamos cun lector de codigos QR que usamos para leer cada quen o seu. Animádevos a escanealos na casa!



Tras entender o que estes códigos escondían respondimos a unhas preguntas primeiro con papel e lápiz e logo dun xeito diferente... Empregamos KAHOOT!

Con Kahoot xogamos en grupos a un xogo de preguntas e respostas sobre a esfinge de Guiza. 




Foi emocionante! Divertímonos moito e aprendemos maís sobre Exipto e as súas curiosidades! Mirade!




Volveremos a xogar con Kahoot!



RETO DE HIPATIA

O noso buzón está que arde! Últimamente recibimos moito correo!

Hoxe tivemos unha gran sorpresa, non contábamos con nada e ao abrilo... Unha carta de Hipatia!

Sabedes quen é? Unha matemática e científica de Exipto!



Propúxonos un reto matemático! En grupos debíamos superar unha gymcana de sumas e restas levando e sen levar. Os membros do equipo que antes resolvese as operacións recibirían unha medalla ao MONSTRUO CALCULISTA.

No baño, na biblioteca, no corredor e na aula tíñamos unha operación que debíamos copiar, resolver e comparar o resultado cos compañeiros. Unha vez estivésemos todos dacordo co que nos deu tíñamos que ir buscar o noso selo a xunto a profe Lucía ou Érica. E así faríamos ata conseguir os 4 selos da cartilla (esta é unha das empregadas).


Organizámonos nos 4 grupos que Hipatia nos indicou na súa carta: azul, amarelo, vermello e verde; e comezamos o xogo! 



Noraboa Yeray, Yara e Lucía! Son os MONSTRUOS CALCULISTAS!



A Clase City e unha clase de monstruiños campeóns. ESTE RETO SUPERÁCHEDELO TODOS E TODAS con creces! Noraboa a todos e a todas polo traballo realizado e o grandes compañeiros que sodes!