DÍA DA PAZ EN CITY

Falamos do Día da Paz en City e sabemos que "non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" (Mahatma Gandhi).

Estivemos recordando a importancia do respeto, a amizade, a alegría, o amor, a tolerancia... Todos eses valores e xestos que nos recordan día a día a importancia de valorar a paz.

Hoxe xuntámonos cos compañeiros e compañeiras do CRA Os Remuiños e disfrutamos xuntos duns talleres moi pacíficos: resolución de conflictos, papiroflexia con corazóns marca páxinas, a flor do día da paz, uns contos pacíficos, colgantes PEACE, bicos, o símbolo da paz. Gracias compañeiros e compañeiras do CRA Os Remuiños pola mañá de hoxe!

Vede que ben o pasamos e canto aprendimos:



Como dixemos, estas semanas estivemos adicándolle tempo a recordar e conmemorar a paz.

Tivemos a sorte de gozar do concerto de Mamá Cabra co seu álbum "A Bruxa Discordia. Cancións para a paz".





Tomamos uns GROLOS DE PAZ cheos de mensaxes pacíficos. 


E así rematamos hoxe!

Os monstruiños desexan PAZ DENDE CITY PARA O MUNDO!




UNHA NOVA PROBA!

Unha nova proba!

Hoxe no buzón tiñamos un pergamino asinado polo Señor do Tempo!

Mirade...

Límola aos compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo e case todos están dispostos a asumir o seguinte reto! Decimos case todos xa que algúns dixeron que se van atrever pero non agora... Téñeno que pensar un pouquiño! 



Como non tíñamos moi claro que é o HOMO HABILIS recurrimos ás explicacións de "Érase una vez el hombre" (minuto 14.05 ao 17.43)

 


Grazas a este video entendemos que o homo habilis:

  • Camiña mais erguido.
  • É maís listo.
  • Crea ferramentas.
  • Caza.

Agora estamos á espera de ver que temos que facer para nos converter en homo habilis! 

OS SENTIDOS, MATERIA PRIMA E PRODUCTOS ELABORADOS

Hoxe tíñamos carta no buzón! A alcaldesa de City necesita da nosa axuda para realizar uns traballos no pobo. Antes de decirnos de que se trata debemos ter claro que é a materia prima e que son os productos elaborados.


Xunto coa carta tiñamos unha caixiña dentro da que había obxectos que tivemos que identificar empregando calquera sentido agás o da vista. Por iso tapamos os ollos e puxemonos a pensar. Unha vez coñecido o que era debiamos decir se era materia prima ou producto elaborado.

Pasámolo moi ben e aprendimos un montón! Mirade!




A PRIMEIRA PROBA

E chegou a primeira das probas para romper o feitizo do Señor do Tempo.

Estando primeiro e segundo de Educación Primaria reunidos alguén petou moi forte na porta. Ao abrila atopámonos con...



Non tivemos reparo en aceptar o reto e puxémonos mans á obra.  



E velaquí está o resultado!




Somos uns australopitecus moi monos! :)

Un tempo despois de colgar o resultado da proba que nos mandou o Señor do Tempo tíñamos carta no buzón da clase que nos decía o seguinte:



Siii!! Superamos a proba!!! E como non, pedimos o noso selo no Pasaporte Cavernícola no que recolleremos constancia de que superamos as probas do Señor do Tempo.





OBRADOIROS SOBRE A PREHISTORIA EN DOMBATE

Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria visitamos o dolmen de Dombate.

Antes de sair, as mestras dixéronnos que debíamos estar atentos xa que o Señor do Tempo nos ía adiantar cousiñas de vindeiras probas nesta visita. E así foi. Lito, o guía do dolmen, díxonos que o Señor do Tempo lle comentou que o cole volveu á prehistoria e ahí comezou a incríble crónica que nos contou sobre a orixe e a historia do dolmen.

Logo tivemos un taller de cerámica con Galipat. Deseñamos uns caciños moi xeitosos coa técnica de churros que nos ensinaron os monitores, así é como o facían os nosos antepasados.

Aquí deixamos unhas fotiños do día.





Tamén saímos no xornal La voz de Galicia, aquí está a nova (pinchade na foto):