BO NADAL!

Chegou a época do ano que ven máis cargadiña de ilusións e bos desexos! 

Dende City desexámosvos a todos e a todoas moi BO NADAL!! (Mirade o vídeo)





Durante estas últimas semanas adicámoslle tempo á preparnos para a chegada do Nadal. Fixemos manualidades, decoramos a aula, a porta e o corredor.






Aquí están as postais do concurso de Nadal do colexio.


Asemade coñecimos algún conto de Nadal. Nesta ocasión tocounos o conto " Ya es Navidad" con pop-ups. Moito nos gustou!



Tamén ensaiamos a canción para o festival. Escollemos "Nuestra canción de Navidad" (o primeiro 1,40 minuto).



E así de ben a defendemos no festival de Nadal do cole: 





Como xa vos dixemos, participamos no concurso do colexio de postais de Nadal. E sabedes quen foi o gañador da nosa clase? 

Foi Yeray! Noraboa compañeiro!





Despois da entrega de premios chegaron os tan esperados Reis Magos. De un en un fúmoslles entregando as nosas cartas. Tamén lles demos unha de parte da clase City! :)





Logo do festival, a entrega de premios e a visita dos Reis Magos tivemos una pequeniña festa na clase xunto cos compañeiros de primeiro:








E agora chegou o momento de disfrutar das vacacións de Nadal!!

BO NADAL E TODOS E A TODAS!



O RÍO NILO EN CITY

Temos en marcha un proxecto de Exigpo en City!

Estamos investigando sobre este país e a súa antiga civilización! Xa vos iremos contando que andamos a argallar!

Mentras tanto ímosvos presentar o río Nilo de City! Si, si! Temos o río Nilo na aula!

Coa axuda da profe Almudena creamos o río máis coñecido de Exipto e uns sarcófagos personalizados.

O obxectivo que nos propuxemos foi soprar os nosos sarcófagos polo río abaixo nunha carreira entre compañeiros! Foi moi divertido!

Practicamos a respiración correcta: collemos aire pola nariz e sopramos pola boca!












FUMOS AO CINE!

O CPI As Revoltas foise ao cine!!

A sala 2 do Multicines Bergantiños enchiuse cos nenos e nenas de Educación Infantil e Educacion Primaria do CPI As Revoltas!

En City, antes de sair ver a peli quixemos aprender e repasar que é e como se debe ir ao cine. Para iso limos o conto "Os Bolechas van ao cine", cubrimos unhas entradas de cine para coñecer vocabulario como fila e butaca, seguimos e escribimos unha posible secuencia de accións a seguir cando vamos ao cine e... vimos o trailer da película que fumos ver! TROLLS!!



E con todo isto preparado... Fúmos ata Carballo ao cine!












 

OS MONSTRUIÑOS NO CINE!