O SAMAIN EN CITY

Chegou o tempo do ano que mais medo nos da!! O Samaín!! 

Xa vos contamos como trememos coa historia "A miña amiga a escuridade, pois non vos perdades todo o que fixemos esta semana terrorífica!!

Contámosvos!

Inventamos unhas historias terroríficamente terroríficas e fixemos uns debuxos sobre as mesmas máis monstruosos aínda se cabe! Pero non creades que puxemos moi sinxelo o acceso ás nosas historias... O que fixemos foi crear uns códigos QR para cada un dos nosos contos e puxemosllos aos nosos debuxos, así quen quixese, cun lector de códigos QR podería ler a historia do debuxo que mais medo lle dese. Xa vos contaremos esta actividade mais polo miúdo!

Mirade que debuxos maís terroríficos!



Asemade, fixemos o noso portafolios con actividades do Samaín.



Esta semana tamén decoramos a aula para a celebración... A porta non podía ser máis que un monstro... Se vos fixades ben veredes que é una mezcla dalgún dos monstruiños da nosa clase.
Ah! E mirade para os morcegos... Deron moitos sustos cada vez que abrían a porta da nosa clase lanzábanse á quen se atrevía a entrar!







A nosa bibioteca de aula xuntou uns cantos libros... QUE MEDO daban algúns!! 




Presentámosvos á horrible araña xigante protectora de City. 



Pero aquí non remataron os sustos! Participamos nun concurso de SUSTOS MONSTRUOSOS!! Vaia sustos demos!!




Tamén traballamos cunhas pantasmas que moito viaxaban grazas ao empuxe que lle dábamos co noso sopro... Collemos aire pola nariz e sopramos pola boca con todas as nosas forzas!




A Clase City participou e con moito nivel na exposición de caixas terroríficas que se fixo no cole. Mirade que obras maestras!





Demos un paseiño polos corredores do colexio vendo os traballos coas caixas que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras.












E así de monstruosos viñemos o venres ao colexio!




BUUUUU!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario