MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS EN CITY


O MAGOSTO, AMIGOS!

Este venres celebramos o magosto no cole... Vaia magosto! Ata tivemos chocolatada!







Pero non so comemos e bebemos, tamén xogamos a xogos tradicionais!! E é aquí onde cumprimos un papel realmente importante!

Os monstruiños de segundo fumos os monitores dos xogos tradicionais de este ano!

Os días previos preparámonos para a ocasión. Atendendo á distribución que teríamos nos diferentes xogos fixemos unha análise sobre o xogo que nos tocou e cubrimos unha ficha do mesmo coa súa correspondente foto. 
Así traballamos en equipo:







Logo contámoslle aos nosos compañeiros que necesitábamos e como se xogaba ao xogo do que xa éramos expertos. Debíamos pensar que os nosos compañeiros eran os nenos e nenas aos que ao día seguinte tíñamos que ensinarlles a xogar.
Que ben o fixemos! 

E así foi como o venres nos colocamos nos nosos postos e cumprimos coa nosa misión de monitores do xogos tradicionais do magosto 2016! Mirade que ben o fixemos!





Ao rematar chegou o momento de comer as castañas e beber o chocolate quentiño! Pero antes recibimos unha sorpresa inmensa! Chamáronnos un a un e recibimos un diploma en agradecemento á nosa colaboración no desenvolemento dos xogos!





Logo chegou o momento dos premios aos concursos do Samaín! Na nosa clase caeu un premio aos sustos Monstruosos!!



O premiado foi... ADRIÁN! NORABOAAA!




Para rematar o día comemos castañas nos cestiños decorados e personalizados por cada un de nos e bebemos chocolate, auga, zumo e refrescos! Que rico estaba todo!








Un saúdo dos monstruiños de City!

No hay comentarios:

Publicar un comentario