APRENDEMOS A COIDAR DOS NOSOS MONTES

Este venres os alumnos de primeiro e de segundo tivemos unha actividade moi concienciadora!

Viñéronnos contar unha historia sobre o Home do Lume, un señor que se adica a prender lume a montes e leiras.

Aprendemos sobre os animais, prantas e árbores que hai nos montes comprendendo así a importancia de coidalos e previr os incendios.

Logo do conto fumos coñecer o equipamento con que conta a Garda Forestal para previr e  apagar incendios!!

Puidemos usar unha mangueira ben grande e con moita forza, subirnos a diferentes coches e empregar transmisores e facer sonar diferentes sirenas. 

Foi moi divertido! 

Aquí deixamos unhas fotiños do día!




No hay comentarios:

Publicar un comentario