APRENDEMOS A COIDAR DOS NOSOS MONTES

Este venres os alumnos de primeiro e de segundo tivemos unha actividade moi concienciadora!

Viñéronnos contar unha historia sobre o Home do Lume, un señor que se adica a prender lume a montes e leiras.

Aprendemos sobre os animais, prantas e árbores que hai nos montes comprendendo así a importancia de coidalos e previr os incendios.

Logo do conto fumos coñecer o equipamento con que conta a Garda Forestal para previr e  apagar incendios!!

Puidemos usar unha mangueira ben grande e con moita forza, subirnos a diferentes coches e empregar transmisores e facer sonar diferentes sirenas. 

Foi moi divertido! 

Aquí deixamos unhas fotiños do día!




CONTAMOS ENTRE COMPAÑEIROS

Os compañeiros de 6º contáronnos uns contos que nos gustaron moito, moito, moitísimo!

Na aula e na biblioteca escoitámolos con moitas ganas e agradecémoslles que nos adiquen un anaquiño do seu tempo para nos entreter cunhas historias moi apetecibles.





Tania e Nerea



Nico


Tania e Nerea regresaron como contacontos, esta vez na biblioteca e con "A caixa de recordos". 

Que historia máis bonita! 





Rematamos o contacontos cun bonito agasallo de Nerea e Tania. Fixéronnos un fermoso debuxo que nos recorda todos os días o moito que nos gustou como nos contaron o conto.

Moitísimas grazas!!

Nós démoslles un forte aplauso e agasallámolas cun detalliño de City!




Esta semana viñeron Jéssica e Lara!! 
Contáronnos "O xastriño valente" e "Grisela". 







Remataron de contarnos o conto e regaláronnos os debuxos que elas mesmas elaboraron para acompañar a historia de "Grisela". 
Moitísimas gracias compañeiras!

Nós démoslles un forte aplauso e agasallámolas cun detalliño de City!




Que sorte temos os monstruiños de City!! Os compañeiros e compañeiras de sexto siguen vindo lernos contos magníficos!! Esta vez tocounos un de Bob Esponja! Moito nos gusta esta esponxiña de mar! :) 







Gracias compañeiros e compañeira! Estamos moi agradecidos polos debuxos cos que nos agasallachedes!! 



INSPIRAMOS - EXPIRAMOS

En City seguimos insistindo na importancia de respirar correctamente.

Un tempiño á semana dedicámosllo a practicar e mellorar a nosa respiración.

Creamos uns monstruiños moi divertidos soplando a pintura cunhas palliñas! Debíamos coller aire pola nariz e soplar amodiño pero con forza pola boca. Así traballamos:





Inspiramos pola nariz e espiramos pola boca. Esta era a única regra do xogo! O obxectivo, marcar o maior número de goles!

Que ben o pasamos!





O SAN MARTIÑO!

Ai! Que xa fai moito que fumos ao San Martiño de Cabana e non vos contamos a nosa experiencia! 

Os nenos e nenas de Infantil, primeiro e segundo fumos de celebración ao San Martiño, unha festa popular da zona.


Aquí deixamos unhas fotiños que por elas soas contan que ven o pasamos e parte do que fixemos: paseo no tren turístico, contacontos e baile, mooito baile!!





O COLE REGRESOU Á PREHISTORIA!!

O Señor do Tempo enfeitizou ao colexio e fixoo regresar á Prehistoria...





Pois non temos máis remedio que romper este conxuro! Os nenos e nenas de primeiro e de segundo traballaremos xuntos para conseguilo!!


Ahí ven a primeira proba!







Debemos coñecer aos primeiros habitantes da terra: quenes eran e que facían por aquel entón.

Axudarémonos deste vídeo.






Así de atentos comezamos este reto!! 









E aquí as nosas ideas previas sobre o que sabemos da Prehistoria!




Seguiremos contándovos as nosas andainas na loita por romper o feitizo do Señor do Tempo!

COÑECEMOS OS NOSOS DEREITOS

O 20 de novembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos das nenas e dos nenos.


En City vamos comprender o que son os dereitos e os deberes das persoas e coñecer cales son os nosos dereitos como nenos e nenas.

Axudámonos dalgúns materiais como esta sinxela presentación:




E desta canción:





OS MONSTRUIÑOS DE CITY TEÑEN DEREITOS!


CONTACONTOS DE GRACIA IGLESIAS

Este xoves tivemos unha gran visita!!

Visitounos Gracia Iglesias, unha escritora famosa!

Sabedes que nos contou?



Este espectacular conto!

Canto nos gustou!! Bigotes para arriba, bigotes retorcidos, bigotes de 4 pelos...

Ao rematar o contacontos tivemos un taller de elaboración dos nosos propios bigotes... Pasámolo xenial e quedáronnos moi chulos!

Mirade...




Saúdos dos monstruiños de City!




MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS EN CITY


O MAGOSTO, AMIGOS!

Este venres celebramos o magosto no cole... Vaia magosto! Ata tivemos chocolatada!







Pero non so comemos e bebemos, tamén xogamos a xogos tradicionais!! E é aquí onde cumprimos un papel realmente importante!

Os monstruiños de segundo fumos os monitores dos xogos tradicionais de este ano!

Os días previos preparámonos para a ocasión. Atendendo á distribución que teríamos nos diferentes xogos fixemos unha análise sobre o xogo que nos tocou e cubrimos unha ficha do mesmo coa súa correspondente foto. 
Así traballamos en equipo:







Logo contámoslle aos nosos compañeiros que necesitábamos e como se xogaba ao xogo do que xa éramos expertos. Debíamos pensar que os nosos compañeiros eran os nenos e nenas aos que ao día seguinte tíñamos que ensinarlles a xogar.
Que ben o fixemos! 

E así foi como o venres nos colocamos nos nosos postos e cumprimos coa nosa misión de monitores do xogos tradicionais do magosto 2016! Mirade que ben o fixemos!





Ao rematar chegou o momento de comer as castañas e beber o chocolate quentiño! Pero antes recibimos unha sorpresa inmensa! Chamáronnos un a un e recibimos un diploma en agradecemento á nosa colaboración no desenvolemento dos xogos!





Logo chegou o momento dos premios aos concursos do Samaín! Na nosa clase caeu un premio aos sustos Monstruosos!!



O premiado foi... ADRIÁN! NORABOAAA!




Para rematar o día comemos castañas nos cestiños decorados e personalizados por cada un de nos e bebemos chocolate, auga, zumo e refrescos! Que rico estaba todo!








Un saúdo dos monstruiños de City!

CUMPLE DA MONSTRUIÑA LUCÍA

Hoxe celebramos o cumple da nosa compañeira Lucía!!



FELICIDADES LUCÍA!!






Aquí estamos todos comendo unha suculenta merenda!

Gracias Lucía!