O CONCELLO DE CITY

City está en construción!

Comezamos as obras co edificio do concello de City. 

E porqué construímos un concello? Pois porque todas as cidades teñen o seu e a nosa non podía ser menos.

Diriximos a mirada ao Concello de Cabana para comprender mellor como debía ser o noso. Así estudamos quenes traballan no concello e que se fai nel.

Tamén coñecemos que Cabana ten 10 localidades e preguntamos ás familias en cal vivimos cada un de nos.

Vámosvos ensinar como foi este duro traballo.



Traballamos en pequenos grupos para facilitar a construción. Uns encargábanse do teito, outros dos muros, outras da base e outros dos pequenos detalles como árbores, plantas e demáis.


Os encargados dos muros.


Os encargados da decoración.


As encargadas da base.


Os encargados do teito.


Paralelamente ao traballo de montaxe fúmonos inscribindo no rexistro como cidadáns de City. Para iso, como xa dixemos, tivemos que preguntar na casa algúns datos que eran necesarios para cumprimentar o noso Documento Municipal de Identidade. Aquí deixamos un exemplo de como son os nosos carnets.


E para completar e mellorar os nosos coñecementos sobre como funciona un concello tivemos a oportunidade de visitar o Concello de Cabana de Bergantiños. O alcalde recibiunos e fíxomos unha visita guiada por toodas as dependencias do edificio. Puidemos falar cos empregados e as empregadas quenes nos explicaron cal é a súa labor dentro do funcionamento do concello.

Gracias a todos! Gustounos moito a visita!

Mirade! Aquí estamos todos no salón de plenos do concello. 







Pois xa damos por finalizado o noso traballo coa construción do Concello de City e o estudo sobre o Concello de Cabana!






Un saúdo dos monstruiños de City!

5 comentarios: