O CARBALLO DE CITY

En City tamén medran árbores!

Non sabíamos porqué pero a mestra chegou un día e liunos o libro "Aínda Nada" da Editorial Kalandraka. Díxonos que o próximo día faríamos algo na clase relacionado con el.

Pronto empezamos a decir posibilidades... E non andábamos moi lonxe do que sería.

Ao seguinte día chegounos cun novo libro, "O Carballo con botas"! Foi a pista definitiva, entendimos que íamos plantar un carballo!!

E así foi, despois de escoitar o conto puxémonos mans á masa bueno, maís ben, mans á terra :) 


Primeiro colocamos a terra na maceta e a plantiña do noso carballo.


Tivemos que "pisar" ben coas mans a terra.


Logo démoslle de beber ao carballo para que non pase sede. Todos os días o encargado ou encargada da aula será quen regue a nosa árbore.


E así de bonito quedou o noso carballo!

Aprendemos sobre como é a secuencia que se debe seguir para plantar unha árbore ou unha sememente.



E tamén pintamos con témperas unhas follas de carballo que agora decoran a nosa aula! 


2 comentarios:

  1. Grazass!!
    Mimámola moito, e esperamos ansiosos a que creza e se convirta nunha gran árbore!

    ResponderEliminar