CONTA CONTOS DE MEDO!

Ai! Que medo pasamos!!

Sii! Chegou o Samaín a City e con el momentos terroríficos!

Na hora de ler de onte entramos na biblioteca e non vexades que escura se puxo! Que medo!

Pero pronto pasamos de sentir medo a sentir moita alegría porque... Veu alguén moi especial contarnos un conto que parecía de moito medo!

Sabedes quen foi a nosa conta contos? A profe Mari Carmen, a mestra de Infantil!
Sii, veu coa profe Rebeca e contounos un conto titulado "A miña amiga a escuridade".

Gustounos moito o conto e como o contou! Que marabilla!

Volvede cando queirades profes, en City esperámosvos cos brazos abertos!!


 

 











MIL MILLÓNS DE GRAZAS DOS MONSTRUIÑOS DE CITY!!
 

1 comentario:

  1. Moitas grazas a vós por deixarnos formar parte dese estupendo lugar que é City! Encantounos compartir ese anaquiño con vós! Cando queirades, repetimos! Saúdos!

    ResponderEliminar