CONTA CONTOS DE MEDO!

Ai! Que medo pasamos!!

Sii! Chegou o Samaín a City e con el momentos terroríficos!

Na hora de ler de onte entramos na biblioteca e non vexades que escura se puxo! Que medo!

Pero pronto pasamos de sentir medo a sentir moita alegría porque... Veu alguén moi especial contarnos un conto que parecía de moito medo!

Sabedes quen foi a nosa conta contos? A profe Mari Carmen, a mestra de Infantil!
Sii, veu coa profe Rebeca e contounos un conto titulado "A miña amiga a escuridade".

Gustounos moito o conto e como o contou! Que marabilla!

Volvede cando queirades profes, en City esperámosvos cos brazos abertos!!


 

 











MIL MILLÓNS DE GRAZAS DOS MONSTRUIÑOS DE CITY!!
 

RESPIRAMOS EN CITY

Esta semana en City tivemos un taller de respiración. 

E porqué un taller de respiración? 


Pois a nosa alcaldesa pediunos axuda no seguinte vídeo xa que ten que asistir a unha reunión moi impotante que lle quita o sono e precisa descansar e relaxarse. 
A semana pasada traballamos a relaxación e aprendemos a indentificar cando estabamos nerviosos e cando relaxados. Apreciamos como se tensan os músculos cando estamos nerviosos e como afrouxan cando nos sentimos calmados. 

Esta semana dedicámonos á respiracíon porque a alcaldesa vai ter que falar con xente moi importante e precisa comunicarse adecuadamente. Para facelo necesita respirar ben coordinando o aire que almacenamos coa fala.




Quedounos claro que debemos coller aire pola nariz e expulsalo pola boca para facilitar a respiración. Pouco a pouco iremos aprendendo a respirar ben para producir unha voz adecuada e comunicarnos mellor.

Queremos dar as gracias á mestra Almudena quen nos ensinou moito sobre como é unha respiración adecuada e nos axudou a que realizasemos as paradas do taller de respiración da mellor maneira posible.

Aquí deixamos unhas fotos do taller.



PARADA DE CARREIRA DE SOPLO


PARADA DE PARTIDO DE FÚTBOL DE SOPLO


PARADA DE BURBULLAS


CADA GRUPO NA SÚA PARADA


¡QUE IMPORTANTE É RESPIRAR BEN!

ASÍ SOMOS EN CITY


Escoitade!! Cada un de nos ímosvos contar como somos os monstruiños de City!



MARTÍN


BRUNO ATÁN



ALISON



IKER



BRUNO GOMEZ



SERGIO



IRIA



YARA



YERAY


LUCÍA


MANU


Fáltannos algúns habitantes de City por contarnos como son, nuns días faranno e teremos aquí as súas descricións!


Agora contámosvos como fixemos:

Fai uns días respondimos a unhas preguntas sobre como somos en City: como é o meu corpo? Teño pelo? De que cor son?...

Este venres xuntamos todas as nosas respostas e fixemos unha DESCRICIÓN (decir como é algo ou alguén). 

Logo tomamos a decisión, con axuda da profe Almudena, de gravarnos mentras líamos o que escribimos. 

E co software libre Blabberize creamos os nosos monstruiños faladores! 

Que vos parecen as nosas descricións?


O CONCELLO DE CITY

City está en construción!

Comezamos as obras co edificio do concello de City. 

E porqué construímos un concello? Pois porque todas as cidades teñen o seu e a nosa non podía ser menos.

Diriximos a mirada ao Concello de Cabana para comprender mellor como debía ser o noso. Así estudamos quenes traballan no concello e que se fai nel.

Tamén coñecemos que Cabana ten 10 localidades e preguntamos ás familias en cal vivimos cada un de nos.

Vámosvos ensinar como foi este duro traballo.



Traballamos en pequenos grupos para facilitar a construción. Uns encargábanse do teito, outros dos muros, outras da base e outros dos pequenos detalles como árbores, plantas e demáis.


Os encargados dos muros.


Os encargados da decoración.


As encargadas da base.


Os encargados do teito.


Paralelamente ao traballo de montaxe fúmonos inscribindo no rexistro como cidadáns de City. Para iso, como xa dixemos, tivemos que preguntar na casa algúns datos que eran necesarios para cumprimentar o noso Documento Municipal de Identidade. Aquí deixamos un exemplo de como son os nosos carnets.


E para completar e mellorar os nosos coñecementos sobre como funciona un concello tivemos a oportunidade de visitar o Concello de Cabana de Bergantiños. O alcalde recibiunos e fíxomos unha visita guiada por toodas as dependencias do edificio. Puidemos falar cos empregados e as empregadas quenes nos explicaron cal é a súa labor dentro do funcionamento do concello.

Gracias a todos! Gustounos moito a visita!

Mirade! Aquí estamos todos no salón de plenos do concello. 







Pois xa damos por finalizado o noso traballo coa construción do Concello de City e o estudo sobre o Concello de Cabana!






Un saúdo dos monstruiños de City!

O CARBALLO DE CITY

En City tamén medran árbores!

Non sabíamos porqué pero a mestra chegou un día e liunos o libro "Aínda Nada" da Editorial Kalandraka. Díxonos que o próximo día faríamos algo na clase relacionado con el.

Pronto empezamos a decir posibilidades... E non andábamos moi lonxe do que sería.

Ao seguinte día chegounos cun novo libro, "O Carballo con botas"! Foi a pista definitiva, entendimos que íamos plantar un carballo!!

E así foi, despois de escoitar o conto puxémonos mans á masa bueno, maís ben, mans á terra :) 


Primeiro colocamos a terra na maceta e a plantiña do noso carballo.


Tivemos que "pisar" ben coas mans a terra.


Logo démoslle de beber ao carballo para que non pase sede. Todos os días o encargado ou encargada da aula será quen regue a nosa árbore.


E así de bonito quedou o noso carballo!

Aprendemos sobre como é a secuencia que se debe seguir para plantar unha árbore ou unha sememente.



E tamén pintamos con témperas unhas follas de carballo que agora decoran a nosa aula!